Seminario |
-A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos de alumnos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben conceptos complementarios.
-Así mesmo, no contexto destes seminarios, poderanse levar a cabo conxuntamente debates que poden traducirse en discusión/exames desenvoltos dentro de cada grupo reducido de alumnos (ou exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario), que SERÁN CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL. Terase en conta a participación nos debates dos diversos alumnos que conforman o grupo.
|
Portafolios do alumno |
Preparación dun CADERNO DE PRÁCTICAS de CARÁCTER OBRIGATORIO (os alumnos que participaran como monitores non presentarán este caderno), dunha extensión non superior ás 10 páxinas (material gráfico excluído), aportando os datos obtidos nas prácticas e discusión e interpretación dos mesmos. Este caderno de prácticas deberá ser entregados dentro das 3 semanas seguintes do remate do grupo de prácticas correspondente. |