Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Historia Económica de España | Código | 611G01015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A3 A4 A5 A6 A7 A9 A12 B3 B6 B7 B8 C6 | Inclúen as prácticas con material cuantitativo. Refírese ás análises de datos estatísticos dende unha perspectiva de longo prazo. Os estudos de caso avaliaranse a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento | 0 |
Lecturas | A7 A11 A13 C2 C5 | Representan unha información complementaria ás clases maxistrais. En clase traballaranse as técnicas para extraer a información fundamental das lecturas e discutirase o seu contido en clase. O contido das lecturas servirá como materia complementaria á impartida nas clases maxistrais. Así mesmo, o contido das lecturas servirá tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación realizarase conxuntamente cos estudos de caso a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento |
0 |
Presentación oral | A6 A7 A10 A13 B3 C1 | A participación activa do alumnado nas clases, a través das presentacións orais para a corrección de casos prácticos, terase en conta para elaborar a cualificación final dos estudantes dubidosos, aos que lles falten poucas décimas para o aprobado ou para subir nota. | 0 |
Proba obxectiva | A4 A6 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 | Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais establecidas. O exame representa o 70% da avaliación final do estudante. Pero para superar a materia o estudante haberá de obter un mínimo de 3 puntos no exame final e unha cualificación mínima de 5 puntos na avaliación global (exame + estudo de casos). No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa da materia. | 70 |
Sesión maxistral | A2 A4 A7 A8 C4 | Nestas sesións o profesor impartirá as pautas clave da materia que os estudantes deben coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso. | 0 |
Proba de ensaio | A3 A6 A9 A12 C1 | Inclúen as prácticas con material cuantitativo (estudos de caso e Lecturas). Ao inicio do curso, a profesora establecerá dúas datas para realizar dúas probas avaliables e computables na nota final. En conxunto, as dúas probas avaliables contarán 3 puntos na nota final de curso (1,5 cada proba). | 30 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado comezará a ser avaliado dende o primeiro día de curso independentemente da súa data de matrícula.
O criterio de avaliación para a primeira e segunda oportunidade e a oportunidade adiantada será o mesmo. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as fechas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación. |