Eventos científicos e/ou divulgativos |
A2 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 |
Os estudantes asistirán a algún evento ou conferencia das que se celebren no marco dalgún proxecto ou grupo de investigación e farán unha recensión completa da mesma; valorarase a comprensión da exposición e que saiban dar conta dela de modo completo e organizado. No caso de que non se poda contar con esta posibilidade, buscarase algunha outra actividade.
|
20 |
Obradoiro |
A2 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 |
Valoraranse a participación nas aulas, así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións, atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas. |
15 |
Proba mixta |
A2 A7 A10 A8 A9 A12 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C9 |
En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará ter acadadi os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofrezca unha expresión acorde ao nivel dunha titulación de posgrao.
|
20 |
Traballos tutelados |
A2 A14 A7 A10 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 |
Os alumnos prepararán un traballo sobre algún aspecto relacionado coa materia que a profesora determine. Valorarase a aportación que o estudante faga, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).
|
45 |
Só se aceptarán actividades e exercicios realizados e entregados na data que se estableza, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisen en cada caso. Non se poderá
aprobar a materia sen acadar unha calificación mínima en cada un dos ámbitos contemplados na avaliación; se o estudiante prescinde dalgún deses instrumentos contará cun "Non Presentado".
Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o alumno dará conta, nese mesmo momento, das demáis actividades e exercicios que tiver pendentes.
Dase por suposta a asistencia ás aulas; aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer o
mecanismo de seguimiento da súa aprendizaxe. Alén diso, se algún alumno xustifica debidamente a imposibilidade de acudir ao evento divulgativo ou científico previsto, a profesora deseñará algunha outra proba ou traballo coa que se poda subsanar esa parte da avaliación.
A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se tomará en conta, xa que logo, a correción
ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o
control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa.
|