Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Lingüística de corpus | Código | 613836002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | A1 A2 A5 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B10 C4 C5 C6 C7 C8 | Considérase discusión dirixida a asistencia e participación nas clases e titorías. | 15 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B9 C1 C3 C6 | Terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia. | 60 |
Obradoiro | A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A10 B2 B3 B4 B5 B8 C3 C5 C6 | Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios, etc. de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial. | 25 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia e participación nas clases e tutorías puntuará un 15 % da nota.
Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderase presentar unha nova versión dos traballos que non obteñan o nivel suficiente. No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e participación, a nota dos traballos constituirá o 100% da cualificación final (70% traballo titorizado, 30% actividades). Será cualificado como "non presentado/a" en ambas oportunidades quen non entregue o traballo tutelado. Para a segunda edición de actas a data límite de entrega das actividades será o día fixado oficialmente para o exame. As actividades entregaranse na plataforma Moodle ou enviaranse por correo electrónico desde a dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción. Só se aceptarán traballos, actividades, etc., que se entreguen no prazo establecido. Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc.). Penalizarse a nota dos escritos que non se axusten a esta norma. O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade. Estudantes con dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos e actividades non presenciais supoñerá o 100 % da nota final (70-30%), tanto na primeira como na segunda oportunidade. |