| Sesión maxistral |
O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia. |
| Obradoiro |
Unha grande parte das aulas presenciais responderán á estrutura de obradoiros, con estudos de caso, debates, solución de problemas, etc. Dada a carga horaria dispoñible, tenderán a ser de curta duración, mais serán de gran relevancia na avaliación do(a) estudante. |
| Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa terá un papel fundamental: ao longo do curso realizaranse distintas tarefas, estudaranse casos e resolveranse problemas en grupo. Prestarase moita atención á participación do estudante. |
| Traballos tutelados |
O/a estudante realizará un traballo académico individual. O tema será acordado co profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento deste traballo. |