Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Portuguesa 1 | Código | 613G02022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o estudantado terá de coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial. |
Obradoiro | Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos). |
Presentación oral | Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa de cada estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co profesor ou coa profesora, en que talvez deba improvisar determinadas situacións. Na proba oral poderán empregarse textos, imaxes ou materiais audiovisuais como apoio. |
Prácticas a través de TIC | O alumnado deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas. |
Resumo | Realizaranse con frecuencia sínteses dos principais contidos fixados no programa, co obxectivo de facilitaren unha correcta comprensión. |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. En tales sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo. |
Traballos tutelados | Baixo a coordinación do profesor ou da profesora, cada estudante levará a cabo diversas actividades (corrección e/ou elaboración de textos), ben de maneira individual ben en pequenos grupos, co obxectivo de partillar información, coñecementos e habilidades. |
Proba obxectiva | A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación… |
Discusión dirixida | Enténdese por “discusión dirixida” aquela actividade desenvolvida polo alumnado en grupos pequenos en que se porá en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Debateranse diversos temas baixo a supervisión do profesor ou da profesora. Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado |