Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Portuguesa 2 | Código | 613G02037 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Cada alumno/a realizará a lectura de unha serie de monografias, artigos ou capítulos de libro relativos aos conteúdos focados na materia e recollidas por extenso nunha listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. Destas leituras obrigatorias, un artigo ou capítulo de libro será obxecto de presentación oral e dous dos libros que figuran no punto 8 desta guía como "lecturas obrigatorias" da recensión bibliográfica. |
Presentación oral | Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os resultados do Traballo Tutelado realizado e as principais cuestións focadas nunha das leituras realizadas. Os materiais utilizados nas exposicións orais (diapositivos, esquemas, etc.) serán disponibilizados para o coxunto do grupo através do Moodle. A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos contidos vehiculados deben ser tamen levados en conta polo alumnado neste tipo de actividade. |
Proba mixta | Proba escrita que poderá combinar actividades de carácter ensaístico con outras de comentario de textos. |
Recensión bilbiográfica | O alumnado realizará dúas "Recensións bibliográficas" individuais de dúas lecturas (en formato libro) seleccionadas entre a listaxe que figura no punto 8 deste guía como "lecturas obrigatorias". As correspondentes recensións serán disponibilizadas para o conxunto do grupo a través do Moodle. |
Estudo de casos | Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos contidos focados na materia. |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Traballos tutelados | Utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", o alumnado realizará en grupos reducidos un traballo tutelado (focado de preferencia para a pesquisa e a documentación) do cal se derivará tamén a correspondente "Presentación Oral". Tanto a composición do grupo como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións. |