Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Gramática Galega | Código | 613G02040 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 A2 A4 A10 A15 A21 B5 B7 C7 | Constitúe unha proba con elementos diversos (prácticos e teóricos), onde serán valorizados os contidos, a clareza e rigor expositivo, ben como a calidade da lingua utilizada. Entre as preguntas haberá polo menos unha relativa ás lecturas obrigatorias. | 40 |
Recensión bilbiográfica | A4 A10 A21 B1 B3 B5 B7 C7 | Neste exercicio o alumno ou a alumna debe elaborar un comentario crítico dunha obra de lectura marcada polo profesor. Teranse en conta a capacidade crítica, a clareza expositiva e argumentativa e a de síntese, ben como unha práctica lingüística de calidade. | 15 |
Traballos tutelados | A1 A4 A15 A21 B1 B3 B5 B6 B7 B10 C6 C7 C8 | No traballo que cada estudante ten de realizar concederase importancia ao tratamento do tema, á clareza expositiva e argumentativa, á calidade da lingua e á capacidade de chegar a conclusións propias. | 25 |
Presentación oral | A4 A15 B1 B3 B4 B7 | Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorizados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. | 10 |
Lecturas | A10 B1 B3 C6 C7 C8 | Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. A súa avaliación realizarase tanto no desenvolvemento das aulas, oralmente, como a través dunha pregunta na proba mixta. | 10 |
Observacións avaliación | |||
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.). Se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas serán penalizadas na cualificación. 3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co 4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior. Isto significa que antes da data oficial do exame teñen de ser entregues todos os traballos e actividades programadas (recensións bibliográficas e traballos tutelados). No caso da presentación oral, marcarase un día para a súa realización. De haber convocatoria adiantada, serán aplicados idénticos criterios de avaliación que nos casos anteriores. |