Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución aos Estudos Literarios | Código | 613G03005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A1 A2 A5 A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C4 C6 | Terase en conta na súa avaliación o coñecemento da materia que o alumno demostre, así como a súa habilidade comunicativa e dominio da lingua oral na exposición na aula. | 10 |
Sesión maxistral | A1 A2 A3 B3 B5 C1 C4 | A participación do estudante na aula da sesión maxistral será tida en conta na avaliación do curso | 5 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A5 A7 A11 A14 A15 B5 B6 B7 B10 C1 | Cualificación na proba ou exame teórico |
50 |
Obradoiro | A1 A2 A7 A11 A14 B3 C5 C6 | Na aula de prácticas se avaliará o proceso de traballo individual e en equipo | 10 |
Lecturas | A5 A7 A14 B1 C7 | Avaliarase o traballo de lectura realizado polo alumno | 10 |
Recensión bilbiográfica | A1 A2 A7 B7 C1 | Avaliación da resposta do alumno no referente ao seguimento da orientación exposta na aula pola profesora ou profesor,para a realización de recensións, fichas ou comentarios de lecturas | 15 |
Observacións avaliación | |||
1) Na 1º oportunidade da convocatoria única (ao final do cuadrimestre correspondente), realizarase unha proba mixta, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos levados a cabo durante o curso. O calendario para a realización dos traballos prácticos será comunicado ao inicio do curso. 2) Na 2º oportunidade da convocatoria única, en xullo, realizarase unha proba mixta que constará dunha parte teórica e outra práctica (esta parte práctica pode completarse co traballo que o docente encargue para esta oportunidade). 3) Na primeira oportunidade de avaliación, será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta", aínda que teña realizado os traballos prácticos durante o curso. 4) Os alumnos pendentes só desta materia para graduarse e que se presenten á convocatoria adiantada (en decembro) deberán axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo). 5) Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. No relativo ás prácticas, estas poderán seguir o ritmo de entrega que se estableza para todo alumnado, ou, de ser imposible o seu seguimento, confeccionarase un calendario de entrega adaptado ás necesidades do estudante en concreto. Tamén se programarán titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia. 6) En calquera das convocatorias, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía. 7) Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cunha nota de 0,00. 8) As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. |