Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas | Código | 614G01059 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | B1 C3 | As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. | 40 |
Proba obxectiva | A36 A37 | A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. | 40 |
Traballos tutelados | A37 B3 C6 | O traballo tutelado consistirá na resolución de un caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas | 20 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA OPORTUNIDADE A materia consta de dous bloques claramente diferenciados. En cada bloque se propoñerá a realización de prácticas (prácticas de laboratorio e/ou traballo tutelado). Para aprobar as prácticas será obligatorio entregalas todas. A nota final calcularase como a media ponderada das notas de prácticas (prácticas de laboratorio e/ou traballo tutelado) e da nota da proba obxectiva. Para aprobar será necesario acadar cando menos o 40% en cada unha das notas e o 50% no total. SEGUNDA OPORTUNIDADE Na segunda oportunidade seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. Haberá unha segunda data de entrega para as prácticas, e as notas das partes que acadaran un mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda. REPETIDORES A nota das prácticas nas que se obteña un mínimo do 50% da nota conservarase durante un curso. ALUMNOS A TEMPO PARCIAL A avaliación será igual que a dos alumnos a tempo completo. FRAUDE No caso de detectarse algún fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da universidade. |