Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de congresos e convencións | Código | 615524013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | B2 C3 | Neste caso propóñense como máximo dous artigos ou lecturas obrigatorias, cuxos alumnos de ambas as dúas modalidades (presencial e non presencial) deberán ler, comentar, opinar e responder a unha serie de cuestións que se formulen nestas. As devanditas lecturas deberán ser desenvolvidas por todos os alumnos de xeito individual, as cales supoñerán un 10% na cualificación final da materia, sempre que se cumpran unha serie de requisitos, entre os cales se encontran, calidade de redacción, opinión contrastada, utilización de fontes bibilográficas, etc. O prazo de entrega das devanditas lecturas farase a segunda semana do mes de marzo. |
10 |
Traballos tutelados | A6 A10 A8 B9 C4 C6 C9 | Avaliación contínua do traballo realizado ao longo da materia. O desenvolvemento do traballo ben sexa en grupo (modalidade presencial) ou individualizado (modalidade non presencial) representará o 70% da nota final. Na devandita valoración teranse en conta os seguintes aspectos: 1) Orixinalidade 2) Aplicación de fundamentos 3) Calidade da redacción 4) Utilización de fontes bibliográficas Para superar a materia, é necesario alcanzar unha puntuación mínima do 50% no traballo tutelado. A entrega do traballo tutelado farase durante a cuarta semana do mes de marzo. A revisión das cualificación será a terceira semana do mes de abril. |
70 |
Presentación oral | B2 | O grupo (modalidade presencial) ou alumno de forma individual (modalidade non presencial) deberá expoñer o seu traballo, empregando para iso os medios audiovisuais que poidan e esteñan ao seu alcance. É necesario entregar a presentación do traballo en power point ou en calquera outro formato similar. A presentación suporá o 20% da nota final da materia onde de forma individualizada valoraráse en cada alumno esa porcentaxe tendo en conta os seguintes aspectos: 1) Calidade da presentación 2) Precisión e claridade da exposición e das respostas. No caso de modalidade presencial todos os integrantes do grupo deberán expoñer unha parte do traballo dado que a nota da presentación oral será otorgada de forma individualizada a cada alumno. No caso de que un alumno de modalidade non presencial non puidese expoñer o seu traballo, valorarase a presentación en power point, tendo en conta a calidade da presentación e a precisión e claridade nas respostas ás preguntas que a profesora lle formule posteriormente. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Nota: Os alumnos de modalidade non presencial poderán formar grupos de traballo con alumnos da súa mesma modalidade, sempre e cando llo notifiquen previamente ao profesor e este o considere oportuno. A revisión das cualificacións da primeira oportunidade realizaranse durante a terceira semana de abril. O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidadade de Xullo. De modo que o alumno deberá entregar as lecturas correspondentes e o traballo. A entrega de traballos e lecturas na segunda oportunidade realizaranse na terceira semana do mes de xullo e a revisión das cualificacións farase na cuarta semana do mes de xullo. No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación, pero terá a mesma obligación de realizar actividades e de acudir a calquer tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. |