Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Aprendizaxe colaborativa |
Discusión dirixida |
Lecturas |
|
Descrición |
As clases impartiranse durante dúas semanas de forma presencial e atenderase aos alumnos on line. Resolveranse dúbidas cando sexa preciso, mesmo despois desas datas.
O ensino desta materia combinará os seguintes métodos:
Modalidade presencial
- Clases expositivas por parte dos profesores nas que se tratará de fomentar a participación do alumnado
- Exercicios prácticos para desenvolver de xeito individual ou en grupo na clase
- Lectura e análise de textos
- Estudio de casos
- Saída de campo
- Incremento das horas de dedicación ao alumno para asesoralo nos puntos anteriores.
Modalidade a distancia:
- Presentacións da materia en Power Point, acompañados de arquivos de voz ou vídeos
- Lectura de textos recomendados. Estudo de casos
- Resolución de dúbidas on line
- Foros de discusión
- Contacto a través do correo electrónico e Skype
As pautas para os traballos na modalidade on line daranse a través da plataforma moodle. A atención ao alumnado farase a través da plataforma ou do correo electrónico dos profesores. |
|