- Ao ser unha materia de carácter obrigatorio será cursada por todo o alumnado matriculado no mestrado. Os requisitos de acceso son os xerais de admisión no mestrado.
- O alumnado (independentemente da modalidade escollida) deberá revisar
regularmente a plataforma Moodle e consultar os documentos obrigatorios.
- É necesario resolver as actividades apoiándose e argumentando con
base nos documentos propios da materia e outros que podan ser
considerados de interese.
- O uso inadecuado de referencias
bibliográficas poderá supoñer unha penalización na cualificación final e
-en casos graves- a consideración de "suspenso".
- É recomendable crear parellas ou grupos de tres persoas para a
resolución de todas as actividades propostas. Porén isto non implica que
a cualificación de todas as persoas que compoñan o grupo sexa a mesma
- Dado o carácter da materia, é necesaria a realización dun seguimento
regular das actividades encomendadas polo que o alumnado deberá xestionar o desenvolvemento de titorías durante o cuadrimestre.
|