Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da educación | Código | 615G01210 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A8 C6 C7 C8 | O traballo realizado sobre a búsqueda das distintas realidades sociais no marco da socioloxía da educación é de suma importancia para un bon manexo, adaptación e aplicación dos feitos socioeducativos. | 5 |
Sesión maxistral | A8 A9 A10 A12 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B24 B25 B27 | Asistencia e atención continuada e regular ó transcurso das explicacións da materia e a cumplimentación dos obxectivos desta paulatinamente, así como, o mantemento de comportamentos participativos adecuados para favorecer as aprendizaxes, a dialoxia e o bó clima social dentro e fora da aula. | 10 |
Aprendizaxe colaborativa | A21 A23 A25 A29 A32 A33 A34 A35 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B27 C4 C7 C8 | A aprendizaxe colaborativa exixe responsabilidade persoal e social, sirve para incrementar as aprendizaxes teórico experienciais e activar mecanismos de comportamento en favor da colectividade e dun bo clima social. |
20 |
Proba oral | A1 A8 A9 A10 A12 A20 A21 A23 A25 A29 A33 A34 A36 | Fomenta a capacidade de explicación de argumentación persoal e grupal e o descubrimento da potencialidade do intercambio e transmisión da información a nivel oral ou conversas. | 10 |
Recensión bilbiográfica | A8 A9 A10 A12 A34 A36 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B25 C8 | O valor da lectura reflexionada e enriquecida pola propia experiencia vivida da persoa e tamén das demáis persoas axuda a fomentala creatividade nas posibles solucións á problemática que suscita. Ademáis serve para a construcción de valores positivos en prol da colectividade cando e fruto dunha reflexión dialóxica. Ademáis estas lecturas terán que ser relacionadas co resto das actividades prácticas realizadas durante o curso, polo que a súa valoración levarase a cabo tamén a través das transferencias de coñecemento realizada e a súa evaluación darase tamén a través das outras actividades dun xeito paulatino e continuado. | 25 |
Traballos tutelados | A1 A8 A9 A21 A23 A25 A29 A31 A32 A33 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B27 C1 C4 C8 | A través destes traballos, debidamente presentados, organizados nun cartafol, e en formato dixigital tamén, serven para evaluar e considerar tanto os coñecementos como as habilidades adquiridas durante o curso e as distintas actividades realizadas, como o esforzo, a dedicación e o traballo de colaboración personal e grupal levado a cabo de xeito continuado de cada unha das persoas dos grupos. |
25 |
Actividades iniciais | A19 A23 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B25 B27 C8 | Para a comprensión de todo o procedemento de ensinanza-aprendizaxe da asignatura. As tarefas a realizar, a súa secuenciación aproximada das diversas actividades de formación continua e a súa evaluación. |
5 |
Observacións avaliación | |||
Será obrigatorio para todo o alumnado a entrega dunha ficha con foto actualizada cos datos de cada alumno/a á profesora, en formato papel, para axilizar os procedementos formativos a través das atencións persoalizadas que sexan oportunas realizar. A asignatura ten dous métodos principais de avaliación: avaliación continua e avaliación non continua. A súa vez, a avaliación continua divídese en dúas modalidades: continua e continua parcial. 1ª) Avaliación continua: Por ser a máis completa, é a que está desenvolvida a través dos apartados da guía docente. Somentes poderán optar a ela aquel alumnado que teñan obtido máis de 3 puntos (sobre 5 puntos) a través das prácticas obrigatorias da modalidade de avaliación continua parcial e escollan seguir cursando a asignatura a través de prácticas ApS (Apredizaxe Servizo) ou Intervención Sociolóxica. Esta segunda parte tamén será avaliada sobre 5 puntos e se desenvolverá a través de diferentes exercicios prácticos guiados pola profesora dacordo co alumnado que escolla eta modalidade de avaliación. Tamén é requisito imprescindible a concurrencia á totalidade das sesións de traballo, ben sexa fóra ou dentro da aula para acadar os obxectivos de ensinanza-aprendizaxe colectivos con un bo aproveitamento a través da responsabilidade persoal e social. Estas prácticas serán tamén entregadas ao igual que as obrigatorias, en cartafol colectivo, debidamente ordeado e cumprimentado, así como en formato dixital. Tamén terán que ser expostas oralmente, ordeada e razoadamente en grupo. 2ª) Avaliación continua parcial: O alumnado deberá realizar as recensións -grupalmente, co grupo asignado- e realizar os traballos prácticos obrigatorios indicados pola profesora, tamén de xeito grupal. É decir, é a parte práctica obrigatoria da asignatura que será avaliada sobre 5 puntos e que deberá estar aprobada para poder promediar coa nota acadada na proba de examen de tipo mixto que tamén estará avaliada sobre 5 puntos e que tamén deberá esta aprobada para poder promediar coa parte de prácticas obrigatorias aprobadas. Estas prácticas obrigatorias deberán entregarse a través dun cartafol colectivo, debidamente ordenado e cumprimentado, así como en formato dixital. Ademáis terán que ser expostas, ordenada e razoadamente en grupo. A asistencia a todas as sesións de aula, de traballo de campo e de reunión co grupo de traballo é requisito imprescindible. A proba de examen realizarase individualmente nas datas acordadas polo calendario académico da Facultade. 3ª) Avaliación non continua (sobre 7,5 puntos máximo): O alumnado deberá realizar as recensións -individualmente- das lecturas indicadas pola profesora (deberá asistir a algunha titoría para asesorarse, dende ó inicio de curso) e realizar unha proba de examen de preguntas tipo tema que tamén pode incluir algún comentrio de texto. As recensións serán valoradas sobre 2,5 puntos e a proba de examen sobre 5 puntos. Tamén será imprescindible entregarlle á profesora, ao inicio do curso da asignatura, unha ficha de alumno/a con foto actualizada e datos de contacto que faciliten unha atención persoalizada. O alumno ou a alumna deberá acollerse a algunha destas metodoloxías de traballo da asignatura dende o inicio de curso ata o final. A segunda convocatoria rexerase polos mesmos criterios que a primeira, sendo inviable para esta última a modalidade de avaliación continua. Na nota final terase en conta a asistencia, o comportamento e a participación do alumnado nas diferentes actividades da asignatura, de xeito moi especial, todas aquelas que conleven a responsabilidade de acadar obxectivos grupais, para o ben común que formará parte da avaliación final de cada alumno/a.
|