Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos Avanzados | Código | 630519005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A5 A6 A7 A8 A9 A10 | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe - tanto autónomo coma colaborativo - dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos, profesionais e competitivos). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe. | 50 |
Portafolios do alumno | B5 B7 C1 C3 C8 | O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle. Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Os exercicios a realizar na asignatura provirán, principalmente de dúas fontes:
1ª - Concursos de arquitectura. Convocados por administracións públicas ou organismos privados, nacionais ou internacionais. Os alumnos, organizados en grupos, analizarán a conveniencia e posibilidades de presentar propostas a estas convocatorias, baixo tutélaa do profesorado. A incorporación do alumno a un equipo no que asumirá un rol especializado, no que as condicionantes administrativas, de prazos e orzamentos son determinantes, situarán ao alumno e ao seu equipo nun entorno real e competitivo, que lles permitirá conectar coa realidade profesional nun amplo espectro de actividade. 2ª - Propostas de intervención. Os alumnos, organizados en equipos, poderán propoñer, ademais, intervencións sobre demandas e contornas reais, que aporten solucións a espazos e disfuncións urbanas detectadas nas análises das actividades iniciais do curso. A avaliación terá en conta os resultados alcanzados na elaboración e posible tramitación das propostas. |