Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Hábitat Básico | Código | 630G02062 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Quinto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | O corazón das actividades que os alumnos desenvolverán será un traballo práctico, de análise crítico de asuntos de interese docente referidos ao Hábitat, as súas estratexias, procesos e outras circunstancias, nalgún ámbito determinado. Entendemos que a escolla dese ámbito forma parte do Trabajo Tutelado e neste caso é unha actividade de extrema importancia xa que o resultado da investigación que realice cada estudante depende en boa maneira nunha axeitada e ben formulada elección do ámbito de estudo e do establecemento das hipótesis apropiadas de traballo para aquel. Por esta razón ista actividade ten de ser meticulosa, requerindo un grande empeño persoal do estaudante alén das aulas. |
Lecturas | Boa parte dos materiais sobre os que se sustentará a análise que se deberá realizar o alumno haberán de ser localizados en fontes escritas, por iso espérase unha ampla dedicación á procura hemerográfica. Ademais diso, dada a actualidade dos temas abordados nesta materia e o seu impacto social faise necesario acudir a fontes bibliográficas vivas, non necesariamente procedentes do ámbito da arquitectura, para construír os discursos teóricos necesarios. |
Sesión maxistral | O profesorado presentará os contidos que conforman o corpo teórico da materia. Previamente os alumnos poderán ser requiridos a realizar algunhas lecturas sobre o tema. De igual maneira tras o desenvolvemento das sesións maxistrais, o alumnado pode ser requirido a debater os asuntos expostos. |
Saídas de campo | Realizarase unha ruta crítica -peonil ou ciclista- a través de tecidos urbanos caracterizados pola súa diversidade morfolóxica e a presenza dun parque edificado representativo de todas os procesos formais e informais de construción do hábitat. Ao longo da ruta sucederanse sesións críticas colectivas, acompañadas de leccións disparadoras. Esta ruta realizarase nunha contorna próxima á Escola de Arquitectura, que os alumnos cren coñecer. |
Aprendizaxe colaborativa | A construción do hábitat é un acto social por antonomasia. A cooperación é unha estratexia de traballo frecuente neste ámbito. E a inclusividade é unha das metas que se deben conseguir. As aulas non poden ser alleas a isto polo que a aprendizaxe colaborativa será unha metodoloxía recorrentemente usada. |
Traballos tutelados | O obxectivo da materia é adestrar ao estudante na análise para a intervención, procurando fontes de información diversas e apoiándose no traballo de campo. Todo esto estrutúrase nun Traballo Tutelado, que haberá de realizarse ao longo do período docente dacordo cunha metodoloxía científica e acompasándose ás leccións teóricas impartidas polo profesorado. Producirase un documento final no que tódolos seus contidos deberán ser expresados con estratexias comunicativas axeitadas. avanzadas. |