Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Formación profesional e mercado laboral | Código | 652606611 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | O alumnado usará fontes documentais bibliográficas e webgráficas para profundizar nas temáticas expostas nas sesións maxístrais, na realización dos estudos de casos, o portafolio e a presentación oral. As webs instititucionais son unha parte importante das fontes documentais que se van utilizar. |
Portafolios do alumno | O alumnado elaborará un informe sobre as aprendizaxes adquiridas e a súa vinculación coa función docente e orientadora do profesorado da especialidade de FOL. Incorporará ademais os traballos desenvolvidos na aula |
Estudo de casos | Consiste na elaboración dun itinerario no que hai que incorporar a perspectiva de xénero. |
Sesión maxistral | O profesor exporá dunha maneira sintética e con distinto nivel de profundidade os contidos que se abordan na materia. |
Proba de ensaio | Consta dunha única pregunta na que o alumando ten que sintetizar e relacionar os contidos abordados coa función orientadora do profesorado de FOL |
Prácticas a través de TIC | Consiste na ampliación do marcador social construído conxuntamente no resto das materias específicas do itinerario de FOL. Os recursos dixitais que terán que incluír serán os relativos a materia de Mercado Laboral e Formación Profesional, incorporando categorías e subcategorias de clasificación axeitadas. |
Presentación oral | O alumnado realizará presentacións orais para desenvolver a competencia de falar en público e a capacidade de organización e síntese da información. |