Presentación oral |
A25 C3 C6 |
O alumnado terá que facer dúas presentacións. Unha sobre as experiencias innovadoras seleccionadas e outra sobre o proxecto de innovación elaborado. A avaliación das presentacións van ser realizadas polo alumnado a partir dunha rúbrica elaborada previamente polo alumnado e que vai ser utilizada para a avaliación das pressentacións de todas as materias do módulo específico.
|
20 |
ASISTENCIA ÁS AULAS - A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
- O alumnado con asistencia regular que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade terá que faceLA individualmente e entregala na seguinte sesión.
- Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas actividades.
- Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.
INTEGRIDADE ACADÉMICA: Ausencia de citación de fontes - As citas e referencias a calquera tipo de texto deben de declararse. O uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar supón un suspenso en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
- Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.
PLAXIO O plaxio en calquera das actividades da avaliación será motivo de suspenso. FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |
|