Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría da educación | Código | 652G01001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas. Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. Dominar as técnicas de observación e rexistro.Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil. Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización. | A1 A4 A19 A23 A24 A27 A28 A31 |
||
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico. Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais. | A5 A6 A10 A13 A22 A30 |
||
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. Traballar de forma colaborativa. Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida. Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. | B4 B5 B14 B24 |
||
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. Capacidade de análise e síntese. Capacidade de organización e planificación. Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. | B7 B10 B12 B16 |
||
Aprender a aprender. Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Autonomía na aprendizaxe. Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. | B1 B3 B6 B9 B15 B18 B22 B23 |
||
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. | C4 C7 C8 |
||
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. | C1 |
||
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. | C4 C7 |