Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Historia da educación | Código | 652G01006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | C4 C6 | Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación histórica. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. | 40 |
Lecturas | B3 | Con caracter obrigatorio e optativo propoñeranse un serie de lecturas seguindo o temario do programa. | 10 |
Aprendizaxe colaborativa | A29 | Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender. Debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumnado. | 10 |
Presentación oral | B17 C1 | Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. | 10 |
Proba de ensaio | B1 | Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. | 20 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación da materia será continua e formativa. A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria. O alumno ou alumna que acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de ser asistente pasando a ser avaliado seguindo outros criterios distintos ó alumnado asistente. A avaliación final consistirá na presentación e defensa dun traballo tutelado grupal ao que lle corresponderá o 70% da nota final e unha proba de ensaio ao que lle corresponderá o 30% da nota final. Os/As alumnas repetidoras poderán optar á asistencia ás clases ou de non asistir deberan realizar unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade e un traballo individual. O traballo individual terá un valor do 30% da nota e a proba de ensaio un 70%. Será imprescindible para aprobar a materia obter cando menos un aprobado tanto no traballo como na proba de ensaio. O alumnado non presencial debidamente xustificados deberán realizar unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade e un traballo tutelado de carácter individual. O traballo individual terá un valor do 30% da nota e a proba de ensaio un 70%. Será imprescindible para aprobar a materia obter cando menos un aprobado tanto no traballo como na proba de ensaio. |