A materia enfócase na construción crítica dunha educación xusta e igualitaria para os membros máis novos da nosa sociedade e os que representan unha diversidade posteriormente excluida dos espazos educativos. As grandes liñas de estudo inclúen: - Formas de representación e participación igualitaria na etapa de Infantil - Prexuízos, estereotipos, racismo, xenofobia, homofobia, ableismo, e outros tipos de discriminación e exclusión nas institucións escolares - Modelos de educación multicultural e intercultural -O modelo social de discapacidade -Conceptos de inclusión e integración, incluíndo unha análise critica dos discursos oficiais e públicos sobre ditos procesos - Atención á diversidade cultural e funcional, visións comunitarias fronte as deficitarias - Estratexias didácticas de educación inclusiva e multicultural na etapa de Educación Infantil
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías