Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Educación matemática | Código | 652G01014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Investigación (Proxecto de investigación) | Traballo extenso realizado en grupo sobre un tema de interés e de actualidade. O tema estará definido a maneira de regunta e no seu desenvolvemento intentarán respostar e descobrir coñecementos matemáticos. Será exposto a toda a clase en "Presentación oral". |
Lecturas | Material escrito para ampliación dos temas. |
Prácticas a través de TIC | Presentación e traballo sobre diferentes ferramentas TIC, principalmente baseadas en Internet. Os alumnos deberán familiarizarse con estes materiais. Algún traballo do curso estará baseado nas TIC. |
Prácticas de laboratorio | Traballo na aula, en grupos reducidos. Tratará sobre aspectos concretos dos temas, seguindo guións e coa axuda de materiais. |
Presentación oral | Exposición do proxecto de investigación. |
Sesión maxistral | Exposición xeral introductoria de cada un dos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal e coas oportunas orientacións bibliográficas. |
Actividades iniciais | Presentación e contextualización dos temas. Actividades de xustificación e motivación. Detección do coñecemento que posúe o alumnado sobre o tema, a través de distintos procedementos: debate, tormenta de ideas, etc. |
Proba mixta | Proba escrita (exame). Anque, en principio, se refire ao exame final, pode haber outras probas ao longo do curso. |