Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I | Código | 652G02020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 | Valorarase a participación nas observacións, análise, interpretacións, calidade nos deseños.... realizados nas distintas sesións interactivas. | 10 |
Traballos tutelados | A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 | Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros. | 30 |
Proba mixta | A25 A26 A27 A30 B8 B21 | Realizarase a rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceputuais, habilidades procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e críticamente, etc. | 60 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidade (maio/xuño). Alumnado que acude ao 80% das sesións interactivas: A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:
Para obter unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto nos traballos tutelados como na proba individual global. A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes (traballos tutelados e/ou proba individual), a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa. NOTA: A cualificación de sesións interactivas e traballos tutelados só se garda durante un curso académico. Tanto o alumnado que non acude ao 80% das sesións interactivas como o que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012): Avaliarase mediante a realización dun traballo (30% da cualificación final) e unha proba individual global sobre os contidos da materia (70%), sendo imprescindible acadar como mímino un 5 sobre 10 en cada parte. Ao alumnado que acude regularmente ás sesións interactivas e realiza os dous traballos tutelados en grupo mais non acada o 80% de asistencia, teráselle en conta a cualificación obtida nos traballos (30% da cualificación final) e terá que realizar unha proba individual global sobre os contidos da materia (70%), sendo imprescindible acadar como mímino un 5 sobre 10 en cada parte. NOTA: A cualificación dos traballos tutelados só se garda durante un curso académico. Segunda oportunidade (xullo). A avalicación farase do mesmo xeito que na oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se teñan suspensos (traballos tutelados e/ou proba individual). No caso dos asistentes ao 80% das sesións interactivas, a cualificación final farase en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas sesións interactivas, nos traballos tutelados e na proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 nos traballos tutelados e na proba individual e ter asistido como mínimo ao 80% das sesións interactivas. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada. No caso do alumnado non asistente ao 80% das sesións interactivas, a cualificación final farase en base á media ponderada das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e na proba escrita, sendo imprescindible acadar como mímino un 5 sobre 10 en cada parte. |