Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar. |
A5 |
Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias. |
A7 |
Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12. |
A11 |
Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula. |
A12 |
Abordar e resolver problemas de disciplina. |
A13 |
Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais. |
A14 |
Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática. |
A15 |
Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais. |
A17 |
Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria. |
A19 |
Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación. |
A20 |
Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas. |
A22 |
Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade. |
A23 |
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. |
A34 |
Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico. |
A35 |
Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos. |
A40 |
Formular e resolver problemas vinculados coa vida cotiá. |
A67 |
Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes 6-12 anos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B8 |
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. |
B12 |
Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia. |
B14 |
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. |
B15 |
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. |
B16 |
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. |
B17 |
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo. |
B18 |
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. |
B19 |
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. |
B20 |
Relación con diversos interlocutores sociais. |
B21 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B22 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B23 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B24 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B25 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |