Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría da educación | Código | 652G03001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Aprendizaxe colaborativa | Unha parte práctica da materia desenvólvese a través de traballos en pequenos grupos (de ata 6 personas) sobre as distintas teorías educativas. O traballo final da materia é un traballo de grupo que sigue as pautas entregadas o primeiro día de clase. |
Análise de fontes documentais | O alumnado debe aprender a buscar documentación sobre a materia e selecionala a través de criterios. O alumnado debe manexar e analizar fontes documentais primarias e secundarias no desenvolvemento das prácticas e do traballo final. |
Discusión dirixida | Participación nas propostas de análise de películas e vídeos sobre prácticas educativas, relacionando os contidos coa materia. Defensa en grupo dun dos libros obligatorios. |
Lecturas | Lectura dos documentos que complementan as exposicións de aula. Dun dos tres libros propostos como obligatorios. As lecturas, ademais, teñen que quedar reflectidas nos traballos de grupo. |
Presentación oral | Dunha autora ou autor dalgún dos movementos estudados na aula. Das ideas máis interesantes que se abordan no libro de carácter obligatorio. Reflexión e valoración conxunta. |
Sesión maxistral | Exposición dos contidos da materia utilizando distintos recursos e plataformas de aprendizaxe |
Traballos tutelados | Traballos individuais ou de pequeno grupo relacionados con cada un dos temas expostos na aula. Traballo final en pequeno grupo que está coordinado cos contidos a tratar na materia de Deseño. O primeiro día de clase explicarase o proceso de elaboración e o alumnado terá acceso ás pautas en Moodle. |