Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Educación ambiental e cultura da sustentabilidade | Código | 652G03010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A5 A6 A7 A9 A10 A11 A18 B2 B3 C3 C4 | Asistencia e participacion nas aulas maxistrais Asistencia e participación nas aulas interactivas (exposición de traballos, de leturas recomendadas, elaboración de documentos...) Realización e entrega dos traballos propostos para facer en pequenos grupos (deseño de actividades, avaliación de materiais e recursos...) |
20 |
Estudo de casos | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A11 A20 B2 B3 C1 C3 C4 C6 C8 | Traballos individuais sobre textos, recursos audiovisuais ou experiencias solicitados nas sesións de aulas | 10 |
Presentación oral | A9 A20 B2 B3 B6 C3 C6 | Dos traballos en pequeno grupo: trátase da defensa das propostas para ser avaliada de forma conxunta entre as personas que o realizan (autoavaliación), o resto do alumnado (interavaliación) e a profesora, como parte do proceso e antes da entrega do traballo definitivo. Non ten cualificación até o final Presentación das ideas do libro obligatorio que presenta na aula |
10 |
Saídas de campo | A1 A5 A11 A20 B2 B3 C4 C6 C8 | Trátase dun traballo teórico-práctico no que antes-durante e tras a visita a unha experiencia de educación ambiental o alumnado recolle observacións, información e fotografías que lle permitirán realizar avaliacións das experiencias | 10 |
Sesión maxistral | A1 A5 A11 A20 B3 C4 C6 C8 | Asistencia e participación | 10 |
Discusión dirixida | A1 A2 A12 A20 B3 B6 C4 C6 C8 | Comentario argumentado sobre textos propostos para a lectura, de videos e material audiovisual ou de recursos en outros soportes. Debate de ideas, estratexías e das propostas | 10 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A6 A7 A9 A15 | Traballo en pequeno grupo que consiste en deseñar de forma colaborativa unha exposición interactiva sobre o tema acordado nas aulas e seguindo o proceso proposto para a súa realización | 30 |
Observacións avaliación | |||
As persoas que asisten asiduamente ás aulas (80% de asistencia) serán avaliadas por: 1. Proxecto de investigación (30% da nota) 2. Traballos realizados (nas sesións presenciais ou no traballo autónomo) que corresponde aos epígrafes de aprendizaxe colaborativa, estudo de caso, saídas de campo, discusión dirixida (50% da nota) 3. Presentación oral dun dos libros obligatorios e realizar un traballo escrito sobre a presentación dos outros 2 seguindo as indicacións da profesora, ou ben entregar unha recensión de 2 dos 3 libros (10% da nota) 4. Asistencia e participación (10% da nota) As persoas que non asistan habitualmente (menos do 80% das aulas) deben solicitar con anterioridade no Decanato a dispensa e: 1. Realizar a recensión de 2 dos 3 libros sinalados anteriormente (Breve presentación das autor/as; ideas principais de cada capítulo; conclusións relacionando os obxectivos do libro coas achegas e desenvolvemento que fan as autor/as; reflexión persoal) 2. Avaliar un programa ou recurso para a educación ambiental seguindo as instruccións da profesora (solicitar fotocopias de criterios e indicadores para a avaliación) 3. Análise e comparación dun dos sectores que aborda o Libro Blanco de la Educación Ambiental en España e da Estratexia Galega para a Educación Ambiental (educación formal, non fomal, empresas, asociacionismo, sindicatos...) 4. Examen final con material Para poder presentarse ao examen é necesario entregar con ANTERIORIDADE os traballos sinalados |