Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Bases didácticas da intervención logopédica | Código | 652G04008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. |
Traballos tutelados | Ao longo do cuadrimestre proporase un traballo en torno ao contido do temario que deberá fundamentarse coa bibliografía básica e complementaria da guía e con outra seleccionada polo profesorado e/ou polo estudantado. A súa realización iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións proporcionadas a través da atención personalizada da profesora. A través da exposición na aula e da plataforma Moodle, compartiranse os traballos realizados. |
Discusión dirixida | Mediante esta metodoloxía trataranse diversos temas orientados a que o alumando reflexione sobre cuestións clave da materia co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade da intervención logopédica no ámbito educativo. Valorarase a aportación oral individual do alumnado para o enriquecemento da materia así como a participación en pequenas actividades en pequeno grupo que implicarán a posta en común e a posterior elaboración de sínteses escritas. |
Proba mixta | A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos tratados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia. |