Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Inclusión educativa e adaptación do currículo | Código | 652G04011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A4 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A23 A26 B3 B4 B5 B19 B20 B21 C3 C6 C7 C8 | O portafolios constará de dous traballos cooperativos, que se realizarán en grupos de 3-5 persoas. Entregaranse a través de moodle e expoñeranse oralmente na clase. As datas limites serán especificadas no primeiro día de clase, xunto coas pautas para seguir co cumprimento de cada traballo. Será un traballo orixinal e terá como criterios de avaliación os seguintes. - Unha primeira parte do traballo consistirá en unha entrevista a unha persoa que presente dificultades no ámbito da comunicación a partir da que se realizará un informe. A segunda parte, será unha proposta de intervención para inclusión educativa e social dunha persoa ou colectivo, que estará tamén fundamentada teoricamente. En ámbolos casos, os informes deberán reunir os seguintes aspectos -Integración dos contidos abordados na materia. -Reflexión e opinión persoal. -Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal. -Aplicabilidade ao teu traballo como logopeda. Cada unha das partes suporá o 25% da calificación |
50 |
Proba de resposta breve | A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A23 A24 B2 B7 B16 C1 | Ao alumnado propoñerémoslle unha serie de preguntas curtas sobre distintos temas abordados na materia, sobre os que terá que disertar tendo como referentes a súa opinión persoal fundamentada e enriquecida coas achegas bibliográficas suxeridas na bibliografía e/ou expostas na clase. | 50 |
Observacións avaliación | |||
O portafolios presentarase en formato dixital Segundo a participación do alumnado na materia, para a avaliación hai dúas opcións: Opción A. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase (80%). Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente a través das actividades do portafolios, proxecto de investigación, solución de problemas e unha proba mixta. Opción B. O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir ás titorías para programar as sesións interactivas e expositivas, nas que non poderá estar, co fin de planificar os traballos substitutorios, se fose o caso. Estas especificidades so serán necesarias para o portafolios, para a proba breve concorrerá nas mesmas condicións que o resto do alumnado. |