Relativamente á realización do traballo tutelado, será preciso consultar o profesor para determinar o tema, as estratexias de realización e as fontes documentais que podan resultar de utilidade.
Nas discusións dirixidas e nos estudos de casos, o profesorado analisará a evolución de cada alumno e as dificultades específicas que presente e, cando for preciso, programará sesións de atendemento personalizado para atender estas cuestións.