Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión da Información: Fundamentos e Teoría | Código | 710G01073 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba obxectiva | Método de avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumnado. Haberá unha proba final obxectiva que computará para a cualificación global. Poderá tamén realizarse probas de autoevaluación para os diversos bloques temáticos. |
Sesión maxistral | Desenvolvemento expositivo dos contidos esenciais correspondentes aos temas en que se divide o programa. Visualización de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas. |
Traballos tutelados | Estarán orientados á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada e seguimento da docente. Os traballos serán individuais e elaboraranse de acordo coas pautas formais e de contido proporcionadas pola profesora. |
Lecturas | Inclúese baixo este epígrafe o resumo e comentario de lecturas, vídeos, conferencias, etc. Trátase de actividades que permiten profundar nos contidos traballados. |
Prácticas a través de TIC | Actividades de carácter práctico que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento. Realizaranse procuras bibliográficas, procuras de información e consultas a diferentes recursos accesibles a través de Internet. |