Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización. |
A2 |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. |
A8 |
Coñecemento da ciencia e tecnoloxía de materiais e capacidade para a súa selección e para a avaliación do seu comportamento. |
A13 |
Coñecemento da mecánica e dos compoñentes de maquinas. |
A15 |
Coñecemento das características dos sistemas de propulsión naval. |
A16 |
Capacidade para a realización do cálculo e control de vibracións e ruídos a bordo de buques e artefactos. |
A17 |
Coñecemento dos sistemas para avaliación da calidade, e da normativa e medios relativos á seguridade e protección ambiental. |
A18 |
Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais e dos criterios para a súa selección. |
A25 |
Coñecemento dos procesos de fabricación mecánica. |
A31 |
Coñecemento e capacidade para a inspección con ensaios non destrutivos. |
A59 |
Coñecementos de diagnose e prognose de avarías a bordo. |
A61 |
Coñecementos sobre a obtención e renovación dos certificados do buque e os seus equipos. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B6 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo. |
B8 |
Capacidade de integrarse en grupo de traballo. |
B9 |
Actitude orientada á análise. |
B11 |
Capacidade para encontrar e manexar a información. |
B16 |
Analizar e descompoñer procesos. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |