Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | FUNDAMENTOS DE ELECTRÓNICA | Código | 730G03016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas a través de TIC | Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de foma teórica e práctica mediante simulación. A súa realización é voluntaria e avaliable. Unha solución detallada de cada problema proposto publicarase na FV para a autoevalución do alumno. Unha das prácticas de laboratorio realízase de forma non presencial realizando un titorial para a aprendizaxe básica de creación e análise de circuítos electrónicos con Orcad Pspice. |
Prácticas de laboratorio | Consistirá na montaxe real e simulación de circuítos electrónicos básicos utilizando os aparatos de medida e de alimentación básicos (osciloscopio, funete alimentación, xerador de sinal e polímetro) e o programa de simulación electrónica Orcad Pspice. |
Proba obxectiva | A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. Haberá polo menos un exame parcial. |
Sesión maxistral | Nas sesións maxistrais desenvólvense os contidos da materia tanto a nivel teórico como práctico. |
Proba de resposta múltiple | Realizaranse probas de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, de forma periódica, nas horas de clase e/ou ao mesmo tempo que as probas obxectivas. |
Presentación oral | Exposición audiovisual dalgún tema ou parte dun mesmo, cunha información previamente recompilada polo alumno utilizando de xeito preferente as TIC. Realizarase en grupos con número de membros axeitado á tarefa. |
Solución de problemas | Durante as sesións maxistrais formúlanse supostos prácticos para a súa resolución. Na devandita resolución foméntase a participación do alumno. |