Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Química | Código | 730G05004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C4 C6 | Realización de cada unha das prácticas, entrega do informe, participación activa nas mesmas. Interese e actitude do alumno. | 5 |
Proba obxectiva | A4 B1 B2 B5 B6 | Aproximadamente na metade do cuadrimestre, realizarase un primeiro exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un segundo exame parcial (teoría e problemas) para os alumnos que superasen o primeiro parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os alumnos que non se presentaron ou non aprobasen o primeiro exame parcial. Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas: - teoría, puntuación máxima 4,5 puntos, puntuación mínima para compensar 1,7 puntos. - problemas, puntuación máxima 3,5 puntos, puntuación mínima para compensar 1,2 puntos. |
80 |
Traballos tutelados | A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C6 C7 | Realización de tres actividades dirixidas. Capacidade do alumno para resolver situacións problemáticas concretas e participar nas clases. Interese e actitude do alumno. |
15 |
Observacións avaliación | |||
- Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame, haberá que alcanzar neste un mínimo de 3,5 puntos.
- Aqueles alumnos que realizasen e superasen as prácticas de laboratorio da materia en cursos anteriores, poderán decidir se as fan novamente ou non. En caso de non repetilas, manteráselles a cualificación obtida no seu momento. - A cualificación correspondente á realización de traballos tutelados mantense no exame correspondente á 2ª oportunidade. - A cualificación correspondente á realización de traballos tutelados non se mantén dun curso a outro. |