Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clínicas IV | Código | 750G01028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Prestación de coidados directos a persoas e familias da comunidade, tanto dende o centro de saúde coma nos seus fogares, e baixo a supervisón e titorización dun enfermeiro comunitario que traballa nun centro de saúde do Servicio Galego de Saúde. | En este rotatorio de práctica clínica o alumno traballará: - habilidades de relación e comunicación coas persoas da comunidade - actitudes persoais que optimicen a relación terapéutica - habilidades técnicas e procedimentais que aumenten a pericia na prestación de coidados - manexo e xestión de recursos da comunidade para facilitar os coidados ás familias en diferentes escenarios sociais e sanitarios - realización e rexistro do proceso de atención de enfermaría individual e familiar - implementación de recomendacións derivadas da investigación na atención a crónicos - utilización das ferramentas de xestión da información propias do sistema nacional de saúde - características dunha conducta exemplar nun profesional de servicio no marco da ética e do ordeamento vixente. |
Deseño e execución dun proxecto de promoción da saúde na comunidade con grupos de persoas reais, mediante unha intervención de saúde local de corte intersectorial que realizará baixo a supervisión de un enfermeiro ou profesor con experiencia e/ou formación en intervencións de saúde local e metodoloxía APOC, isto é, atención primaria orientada á comunidade. | Na execución de este proxecto o alumno traballará: - destrezas na realización do proceso de atención de enfermaría cando o suxeito dos coidados é unha comunidade ou un grupo da mesma - manexo de ferramentas de valoración do grao en que unha comunidade está comprometida con un estilo de vida promotor da saúde - destrezas na execución de coidados salutoxénicos dirixidos a unha colectividade - habilidades persoais e profesionais que faciliten o traballo intersectorial - habilidades para a integración da metodoloxía APOC |