Aprendizaxe servizo |
A metodoloxía de aprendizaxe-servizo constitúe unha oportunidade de aprendizaxe idónea para o traballo con orientación comunitaria, porque combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, de xeito que o alumno aprende detectando e intervindo sobre necesidades reais de unha comunidade co fin de melloralas.
Na elaboración de este proxecto o alumno non só detecta necesidades de comunidades ou colectivos que a integran, senón tamén activos e fortalezas que poden ser potenciados mellorando a súa resiliencia, e recoñece aquelas situacións para as que está lexitimado a intervir como enfermeiro mediante a prestación de coidados promotores de saúde xa non dirixidos a persoas individuais ou no ámbito privado do grupo doméstico, senón a colectivos que viven e actúan na comunidade.
Este proxecto supón unha experiencia de aprendizaxe pero tamén de intervención real para mellorar a saúde de esa comunidade e faino a través de unha esixente e retadora colaboración intersectorial, identificando e estimulando a participar a outros actores sociais que teñen relación directa ou indirecta co resultado de saúde esperado, tal como se promove dende hai algúns anos na estratexia de promoción da saúde e prevención no sistema nacional de saúde. Así mesmo, o alumno plantexa a intervención para ser realizada no marco dunha atención primaria orientada á comunidade. |