Sesión maxistral |
A1 A14 A15 A21 A25 A29 B12 C6 C8 |
Avalíase a través da proba mixta. |
0 |
Proba mixta |
B3 B8 C1 |
Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios. |
60 |
Para superar a materia, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, o alumno deberá ter obtido un 5 sobre 10 en cada unha das partes que compoñan a proba mixta, realizar todas as tarefas que se consideran obrigatorias e obter nelas unha puntuación mínima de 2 puntos sobre un máximo de 4.
Para que o alumno sexa avaliado, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, é obligatorio a asistencia ás prácticas de laboratorio, polo que a non realización das mesmas impide a presentación á proba mixta así como aos seminarios.
No caso de non superar a materia en primeira opción, na segunda deberá superarse a parte non superada. Se non se realizaron as prácticas, non se superará a materia.
Para que un alumno sexa considerado NON PRESENTADO deberá ter os seguintes requisitos: non ter asistido á metade das sesións de prácticas e, polo tanto, non se presentar á proba mixta.
Se o número de Matrículas de Honra que se poidan conceder se esgota na primeira opción, non poderá concederse ningunha na segunda opción aínda cando se obteña a máxima nota.
No caso de circunstancias excepcionais, obxetivables e axeitadamente xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente ao alumno en que concorra dalgunha parte do proceso de avaliación. Dito alumno tería que someterse a unha proba particular que non deixará dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.
|