CUESTIÓNS XERAIS
A materia ten dous
contidos diferenciados: Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría. A
cada parte correspóndelle o 50% da cualificación total.
A cualificación de cada
alumno calcularase combinando as probas de avaliación anteriormente descritas.
A cualificación agregada para o conxunto da materia obtense do seguinte modo:
- Actividades de
avaliación durante a docencia de Métodos Estatísticos (incluídas en 'solución
de problemas'): supoñen un 15% da nota final. Basearanse na participación
activa do alumno nas clases prácticas e na resolución de controis, problemas e
exercicios na aula, na forma que se detallará ao comezo das clases de Métodos
Estatísticos.
- Exame final para a
parte de Métodos Estatísticos: suporá un 35% da nota final. Ademais das dúas
oportunidades a final de curso que contempla a normativa xeral do centro,
haberá unha proba obxectiva liberatoria a mediados do cuadrimestre, nunha data
que se anunciará con suficiente antelación.
- Actividades de
avaliación durante a docencia de Introdución á Econometría (incluídas en
'obradoiro'): supoñen un 15% da nota final. Basearanse na participación activa
do alumno nas clases prácticas e na resolución de controis, problemas e
exercicios na aula, na forma que se detallará ao comezo das clases de
Introdución á Econometría.
- Exame final para a
parte de Introdución á Econometría: suporá un 35% da nota final. Corresponde ás
dúas oportunidades a final de curso que contempla a normativa xeral do centro.
PROCEDEMENTO DE
AVALIACIÓN
As probas obxectivas
considéranse fundamentais para a avaliación, polo que será necesario obter un
mínimo de 3,5 puntos sobre 10 en cada unha delas (Métodos Estatísticos e
Introdución á Econometría) para computar coas outras actividades que se
avalíen, e poder aprobar a asignatura.
A mediados do
cuatrimestre farase un exame (proba obxectiva) da parte de Métodos
Estatísticos. Esta parte considerarase liberada a condición de que se obteña
unha cualificación maior ou igual a 3,5 puntos sobre 10 nela. Se esta parte é
liberada, no exame final haberá que realizar únicamente a parte de Introducción
á Econometría.
Os alumnos que non
obtivesen a nota mínima nas probas obxectivas e, con todo, o cómputo global da
avaliación resultase ser superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e
figurarán en actas cunha nota de 4,5. Aprobarase a materia cando se obteña
cinco puntos ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima nas
probas obxectivas.
Os alumnos que liberen
unha parte da materia mediante unha proba obxectiva, só terá validez para o
curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a
materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño (primeira oportunidade) ou de
xullo (segunda oportunidade), a súa cualificación final será suspenso, e terá
que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.
Os alumnos que o desexen
poderán presentarse a subir nota no exame final da primeira oportunidade,
previa notificación ao profesor e autorización por parte deste. Os criterios de
avaliación na segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados na primeira
oportunidade (70% no exame e 30% da puntuación obtida na avaliación continua).
As condicións de
avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación,
Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado
Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por
medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final.
Con respecto á
cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de
Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que únicamente
se presentaran a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota
final.
Seguindo a normativa
aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se
desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que
permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia aplicaráselle as mesmas normas de avaliación que ós
alumnos matriculados a tempo completo. Os alumnos con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial están exentos da asistencia a clase, pero teñen a
mesma obriga de acudir a calquera tipo de proba de avaliación, sexa de
avaliación continua ou un exame final, que o alumnado a tempo completo.