Metodoloxías Descrición
Lecturas Os estudantes terán que facer as lecturas básicas indicadas que lles permitirám levar a cabo as demáis tarefas.
Discusión dirixida Os estudantes serán confrontados a preguntas de carácter xeral co obxecto de dar pé a unha discusión na aula. Terán que apoiar os seus argumentos nas lecturas feitas e nas explicacións da profesora.
Actividades iniciais A partir das lecturas e as explicacións da profesora os estudantes terán que responder a preguntas breves de carácter oral na aula. As súas intervencións serán consideradas participación na aula.
Prácticas a través de TIC Elaboración de cuestionarios, recensións e outras actividades que serán entregadas a través da plataforma educativa da UDC.
Aprendizaxe colaborativa Elaboración e presentación de aspectos concretos de cada tema que se farán en parellas.
Mapa conceptual Os estudantes irán elaborando un mapa conceptual a través dunha ferramenta informática ao longo do curso. O devandito mapa será entregado en formato PDF ao final.