Metodoloxías Descrición
Obradoiro As horas de clase adicaranse á presentación inicial de contidos e, principalmente, á análise en grupo e ao debate sobre as lecturas e visionados previamente asignados.
Prácticas a través de TIC Cada estudante deberá responsabilizarse de traballar todo o material asignado e disponible na plataforma virtual Moodle e estar preparadx para o debate e discusión en clase.
Traballos tutelados Cada estudante deberá completar un traballo que poderá consistir nun exercicio de análise crítica ou de creación orixinal de material arredor dalgunha manifestación artística visual e escrita anglófona. O formato decidirase definitivamente unha vez coñecido o alumnado da materia e tras escoitar as súas preferencias.