Descrición xeral |
As prácticas poderanse desenvolver en institucións públicas, empresas ou entidades non lucrativas. Tanto a Facultade de Informática da UDC como a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC teñen un amplo grupo de empresas e institucións colaboradoras a través de convenios para a realización de prácticas. En calquera caso, existe o compromiso firme por parte da coordinación do máster de aumentar o elenco de organizacións colaboradoras, de maneira que os estudantes do título dispoñan sempre da mellor e máis actualizada oferta de prácticas posible.
Cada estudante disporá dun titor académico (profesor-titor) ao que poderá recorrer para calquera cuestión, dúbida ou continxencia. A empresa asignará un titor profesional que se encargará de tutorizar o traballo do alumno dentro da empresa. Ademais, emitirá un informe final valorando o traballo do alumno, seguindo un modelo normalizado, que será tido en conta polo titor académico na valoración. |