Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A dinámica das clases é a seguinte: primeiro faráse unha presentación teórica e logo situaránse os conceptos tratados en contexto de investigacións concretas. Finalmente, serán os e as estudantes quenes apliquen en pequenos obradoiros o aprendido.
A dinámica do curso require necesariamente consultar a documentación dispoñible antes da sesión teórica e así favorecer que o tempo na aula sexa mellor aproveitado
Presentación oral Presentación oral do traballo feito en grupos (nos obradoiros na aula como fora de ela) con respecto á conformación do sistema de indicadores propio.
Traballos tutelados Traballo feito en grupos (nos obradoiros na aula como fora de ela) con respecto á conformación do sistema de indicadores propio.
Portafolios do alumno Comprende todas as actividades e solución de problemas tratados na aula e tamén fóra dela. As diferentes prácticas e solucións de problemas realizados na aula proporcionan experiencia para a comprensión e aprehensión dos contidos teóricos e sintan as bases para a posta en marcha do traballo avaliable individual. Tratarase de exercicios breves e aplicados a realizar durante as sesións prácticas de clase que os alumnos deberán resolver de forma individual.