Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Obradoiro Sesións prácticas nas que os estudantes traballarán baixo a atención personalizada do docente. Consistirán en definir e elaborar cada unha das partes do traballo a entregar para a avaliación da materia. Manexaranse distintas fontes bibliográficas. O obxectivo é elaborar un informe final en base a unha revisión teórica e análise que sustente un futuro proxecto de investigación.
Análise de fontes documentais Comentario crítico e debate na aula, sobre fontes documentais (lecturas, documentos audiovisuais, información estatística...) recomendados polo profesor para cada tema.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo que conteña as partes básicas para o desenvolvemento dunha investigación social aplicada. O traballo entregarase en papel e exporase na aula.