Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación Expresión Gráfica Arquitectónica Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Quiroga, Fernando
Martinez Raído, Jose Luis
Paz Agras, Mari Luz
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
jose.luis.martinez.raido@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
francisco.vidal@udc.es
Web
Descrición xeral
O actual programa da Escola Superior de Arquitectura de A Coruña recolle, en 5º curso, a materia de Teoría da Composición e Patrimonio asignada ó departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, sendo compartida por dúas seccións departamentais: Proxectos Arquitectónicos e Composición Arquitectónica. En consecuencia, na asignatura converxen dúas singularidades disciplinares, centradas cada unha delas en aspectos que se complementan, pero que son diferentes. Á súa vez, esta asignación enténdese como ferramenta de reforzo de intensidade programática de ambas seccións pero, sobre todo, resulta unha resposta para as prácticas de caracterización e situación da nosa rica e ampla arquitectura edificada, urbana e territorial que aporta ao imaxinario colectivo do país galego unha realidade insustituíble nos procesos e experiencias indentitarias no coñecemento da disciplina e, por tanto, na formación dos alumnos da escola galega de Arquitectura.
Estes procesos son tamén imprescindibles para profundizar na comprensión cultural e identitaria do Estado das Autonomías e da Historia da Humanidade, como documentan e certifican os inmobles edificados urbanos e territoriais que son parte do listado de Patrimonio Mundial da UNESCO e do rexistro de Bens Culturais do Estado Español e de Galicia.
A intención desta materia é a de apuntar información, coñecementos, criterios, materiais e técnicas imprescindibles para as prácticas encamiñadas á Conservación e Restauración (tal como se veñen sistematizando fundamentalmente dende o século XVIII ata agora), en clara convivencia coas normativas xurídicas e administrativas que cautelan as actuacións que se levan a cabo dentro do marco do noso estado de dereito social e democrático a través da Constitución, os Estatutos de Autonomía e os tratados internacionais, que fan referencia ás obrigas de acceso, protección e conservación do patrimonio cultural arquitectónico edificado, urbano e territorial caracterizado como tal.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías