Curso inicial dos estudos da Escola de Arquitectura, o primeiro cuadrimestre da carreira
quere iniciar a formación do futuro arquitecto atendendo dende os momentos
iniciais, ó triplo soporte reflexivo, proxectivo e construtivo do feito
arquitectónico.
Dentro del, Introdución á Arquitectura é a única materia obrigatoria dentro do bloque proxectual e é a encargada de espertar ou de acrecentar o interese pola Arquitectura e pola súa razón de ser, aproximándose ó seu concepto dende a teoría e dende a historia e fomentando a capacidade analítica, o sentido crítico e o desenvolvemento lóxico do alumno no amplo campo que vai da cidade ao deseño elemental, como territorio propio da arquitectura.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías