Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A22 A24 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 C1 C2 C4 C6 C7 C8 C9 Presentación e defensa dos traballos realizados. Valorarase estrutura, pulcritude, método expositivo e orixinalidade.
Competencias avaliadas: A20; A22; A24; B2; B3; B4; B5; B6; B7; B10; B11; C1;C6
10
Sesión maxistral B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C4 C6 A asistencia ás sesións presenciais computará dentro da nota final.
Competencias avaliadas: B1, B2, B3, B4, B5, B6, B7, B10, B11, C1, C2, C4, C6
10
Solución de problemas A20 A22 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 Resolución de problemas, se é posible, con software.
Competencias avaliadas: A20; A22; A24; B2; B4; B5; B7; B11
10
Proba obxectiva A20 A22 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B13 B14 B16 C1 C2 C4 C6 Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos
básicos da materia, considerando as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e formulacións na resolución de problemas.
Valorarase expresamente o grao de evolución do alumno e a súa capacidade para analizar, axuizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teóricopráctica
equilibrada.
Cada proba parcial (como mínimo dous parciais) achegará un 35% e a proba obxectiva global (nota media
de ambas) reportará un 70% do total da avaliación da materia.
Competencias avaliadas: A20; A22; A24; B1; B2; B3; B4; B5; B6; B7; B10; B11; C1; C2; C4; C6
70
 
Observacións avaliación
As probas oficiais da primeira oportunidade, recollerán as distintas metodoloxías de avaliación e deberán ser completadas por aqueles alumnos que non superasen na súa totalidade a avaliación continua. Esta proba estará deseñada de tal forma que o alumno poida examinarse das metodoloxías de solución de problemas e proba obxectiva, onde non alcanzase o 30 % da cualificación total.

O alumnado obrigado a acudir ás probas oficiais da "segunda oportunidade" conservará a cualificación alcanzada en todas as metodoloxías, fóra da obtida nas probas obxectivas da 1ª oportunidade, que será substituída pola da 2ª. Do mesmo xeito, só poderá optarse á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non fose cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de tutorías corresponderase coa avaliación da metodoloxía de solución de problemas e probas obxectivas, con unha ponderación do 30 e do 70 %, respectivamente.



Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/2;del Código STCW e as súas emendas, relacionados con esta materia, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a súa avaliación.