Para a preparación das diferentes probas, o estudantado disporá dos seguintes medios de comunicación co profesor:
- Titorías persoais no despacho (no horario de titorías que estableza o profesor)
- Correo electrónico do profesor
Ademais, tamén será posíbel a realización de titorías en datas e horas diferentes ás establecidas, previa solicitude por parte do estudantado.
- Utilizarase a plataforma Moebius do Departamento para comunicar ao estudantado toda a información da asignatura.
- Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. O sistema de avaliación será o mesmo que para o estudantado con dedicación completa.