Obradoiro |
Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras. |
Traballos tutelados |
As profesoras propoñerán na segunda sesión uns temas de traballo, relacionados con algún aspecto da materia, para seren desenvolvidos en grupos polo alumnado. O resultado desta actividade será presentado oralmente ao conxunto da aula e submetido a debate na data marcada a principio do curso.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido, así como a clareza expositiva e expresiva. |
Sesión maxistral |
A modo de introdución aos distintos temas, desenvolveranse as directrices xerais dos contidos que conforman a materia. |