Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua galega e a súa didáctica | Código | 652G02005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 | Realización de traballos titorizados guiados que se negociarán co grupo-clase e que constarán dunha parte escrita e dunha presentación oral | 30 |
Proba de ensaio | A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 | Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de relación e madurez crítica respecto deles, así como da competencia en expresión escrita en lingua galega mediante preguntas equiparábeis ás realizadas nas sesións teóricas e interactivas | 40 |
Obradoiro | A14 A29 A34 A46 A50 A52 B6 B7 B9 B15 C4 | Avaliación da participación do alumnado en actividades de diversa índole: debates, comentarios de texto, simulacións, etc. Sexan cales foren as tarefas que se leven a cabo, todas servirán a un dobre propósito: por unha banda, comprobar a familiaridade do alumnado cos principios expostos nas sesións maxistrais e recollidos na literatura recomendada; por outra banda, verificar ata que punto posúen a habilidade de convertelos en guieiros para a práctica docente. | 20 |
Lecturas | A45 A48 A50 A52 B15 | Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación, organización e explotación das súas posibilidades na didáctica da lingua, a través do debate na aula | 10 |
Observacións avaliación | |||
- Na cualificación final da materia do alumnado que asiste ás aulas tamén influirán variantes como a participación nas aulas, o interese mostrado polas actividades propostas, a valoración da resposta do alumnado e das achegas académicas e das actitudes profesionais demostradas no marco da docencia presencial. -Os obradoiros inclúen ou poden incluír a asistencia a actividades que, aínda que se realicen fóra do horario específico da materia, poidan ser beneficiosas para o desenvolvemento dos contidos relativos a esta. - Para aprobar a materia será necesario ter superadas todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, obtendo no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Excepcionalmente, o alumnado terá a posibilidade de ser avaliado na súa totalidade con base no exame. - A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas (ben por recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ben por ausentarse en máis dun 20% no caso do alumnado que carece de exención) será feita na súa totalidade con base na proba de ensaio tanto na primeira como na segunda oportunidade,e ademais poderá ser diferente á que se propoña para a modalidade en que esta é só unha parte. - Na segunda oportunidade o alumnado que asiste regularmente ás aulas só repetirá a parte suspensa e manterá a nota daquelas que foron superadas, se ben que isto non será aplicábel dun curso para outro. - Para superar a materia o alumnado deberá ser capaz de expresarse con corrección e fluidez en todas as probas de avaliación Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. |