Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesor ou profesora na aula. Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos. Inclúense dentro destes traballos tutelados: análises de fontes documentais, realización de esquemas ou resumos, glosarios, presentacións orais, prácticas a través de TICs ou estudos de casos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
|
Proba mixta |
Proba de ensaio (grupo A) ou obxectiva (grupo B); na primeira opción tratase de obter respostas que impliquen o razoamento (argumentar, relacionar...), habilidade de síntese, comparación, redacción...; na opción segunda, a proba consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
|