Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clínicas V | Código | 661G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas clínicas | Actividade formativa que se desenvolve no 1º cuadrimestre do cuarto curso, tendo como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde das persoas en situación crítica, e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias. Os rotatorios clínicos realizaranse no Hospital Universitario A Coruña. As prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde |
Solución de problemas | Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante. O estudante poderá elexir entre: - Describir e analizar un protocolo, técnica ou procedemento específico da unidade onde se rota no que a colaboración ou responsabilidade do profesional enfermeiro sexa relevante (previa validación pola profesora responsable da materia) - Describir e analizar a situación clínica dun paciente onde está a rotar, identificando o problema principal, os resultados a medir e as intervencións a realizar para mellorar os resultados (previa validación pola profesora responsable da materia) A asistencia será obrigatoria |
Presentación oral | Actividade na que o estudante realizará a exposición verbal a outros estudantes e ó profesor, do protocolo, técnica, procedemento ou caso clínico desenvolto, tendo que facer as aclaracións oportunas ás cuestións que xurdan tras a exposición. |
Actividades iniciais | Actividade obrigatoria que se leva a cabo nun aula antes de iniciar as prácticas clínicas. Nela explicanse pormenorizadamente as competencias que debe adquirir o alumno nesta asignatura, a forma de avaliación da mesma, e aspectos organizacionais e de regulamento relevantes para o bo desenvolvemento das prácticas clínicas. |